Sala de recursos deportivos

Material a disposición das materias de Educación Física e Psicomotricidade. Ademais dos recursos deportivos, destacan os xogos populares, para que o noso alumnado coñezan costumes fortemente arraigadas á nosa cultura.

Comedor

Composto por dous espazos diferenciados, un para o alumnado de Infantil e outro para o de Primaria. Actualmente dispoñemos de servizo de cátering. Acceso a comedor

Sala de informática e aula maker.

Equipos con conexión a internet de alta velocidade. Avanzando paralelamente á sociedade tecnolóxica incrementamos os recursos informáticos e en novas tecnoloxías cada curso. Esto posibilita o desenvolvemento das competencias dixital e tecnolóxica.

Patio cuberto

Estamos en Galicia e aquí chove moitos días durante o curso escolar. No noso cole o patio cuberto permite que o alumnado goce do seu tempo de lecer sen mollarse.

Aula de música

Dotada con piano, instrumental Orff, guitarra, ukelele, baixo eléctrico e batería servirá para administrar competencias, cantando, tocando e bailando. Favorecendo o desenvolvemento intelectual e social de maneira lúdica e participativa.

Salón de actos

Non hai evento, festa ou celebración que non teña carácter lúdico e pedagóxico no cole. É por iso que cada data sinalada festéxase con preparación e adaptación curricular en cada un dos cursos. Recordos e desexos xúntanse fronte o noso escenario ano tras ano nas fetas de fin de curso así como en cada un dos obradoiros e actividades levadas a cabo segundo o curso escolar. É, sen dúbida, o lugar de partida, presentacións, encontros e despedidas. Aquí comeza o curso, aquí o despedimos.

Aulas equipadas coas últimas tecnoloxías

En cada unha das aulas dispoñemos dun encerado dixital a disposición de docentes e discentes, tanto para presentar os recursos das diferentes actividades programadas como para interectuar directamente cos contidos.

Biblioteca

Libros, a verdadeira marca da transmisión do coñecemento desde que a palabra historia ten sentido. E ademais tamén un lugar de encontro, onde compartir todas as emocións que a lectura nos fai sentir.

Desde o curso pasado a mascota “Pinga” centraliza as actividades.

Acceso ao blog da Biblioteca.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Ao abeiro do decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e o decreto 124/2017, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, no noso colexio hai un equipo que traballa pola normalización e dinamización da nosa lingua en todos os ámbitos da nosa comunidade escolar.

Acceso á sección do EDLG.

Horta Ludy

Se hai algo que sempre se primou no noso centro foi o contacto directo coa natureza, de aí a maioría das saídas didácticas dos diferentes cursos. Neste momento estamos coidando un espazo que nos deixan os veciños do barrio onde participamos cultivando e experimentando con recursos ecolóxicos. Grazas a ela estamos no proxecto “Voz natura”.