Español|Galego

Instalacións

Sala de recursos deportivos

Material a disposición da asignatura de Educación Física. Ademais dos recursos deportivos, destacan os xogos populares, para que os nosos nenos e nenas non perdan costumes fortemente arraigados na cultura popular.

Comedor escolar

Composto por dous espazos diferenciados, unha para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e outra para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Estos espazos son as zonas habilitadas para o servicio de comedor escolar.

Sala de informática

A sala de informática conta con ordenadores con conexión a internet de alta velocidade. O Colexio Ludy avanza paralelamente á sociedade tecnolóxica e incrementa os seus recursos na área informática e de novas tecnoloxías. Este feito facilita a realización de traballos nas diferentes asignaturas e así, todo o alumando, pode dispor das últimas tecnoloxías.

Patio cuberto

Estamos en Galicia moitos días durante o curso escolar. É por iso que no noso cole o patio cuberto permite que os nenos desfruten do seu tempo de lecer sen mollarse.

Aula de música

Dotada con piano, instrumental Orff, guitarra e batería servirá para administrar competencias, cantando, tocando e bailando. O mellor desenvolvemento intelectual e social de maneira entretida e participativa.

Salón de actos

Non hai evento, festa ou celebración que non teña carácter lúdico e pedagóxico no cole. É por iso que cada data sinalada celébrase con preparación e adaptación curricular en cada unha das aulas. Recordos e desexos xúntanse fronte o noso escenario ano tras ano nas festas de fin de curso así como en cada un dos obradoiros e actividades levadas a cabo segundo o curso escolar. É, sen dúbida, o noso salón, o lugar de encontros, despedidas e presentacións. Aquí comeza o curso, aquí o despedimos.

Aulas equipadas coas últimas tecnoloxías

E é que en cada aula dispoñemos dun encerado dixital a enteira disposición de docentes e discentes, tanto para presentar os recursos de cada unha das actividades programadas como para integrar na marcha e uso normal do curso.

Biblioteca

Libros, a verdadeira marca da transmisión do coñecemento desde que a palabra historia ten sentido. E ademais tamén un lugar de encontro, ónde compartir todas as emocións que a letura nos fai sentir.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Ao abeiro do decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e do decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, no noso colexio hai un equipo que traballa pola normalización e dinamización da nosa lingua en todos os ámbitos da nosa comunidade escolar.