CIRCULAR UNIFORMIDADE

 

 

 

 

 

 

CIRCULAR  UNIFORMIDADE

O vindeiro curso escolar estará dispoñible un novo chándal co  novo logo do colexio , onde  incluímos á nosa mascota Peteiriña.  Estará á venda nas tendas do grupo Carsip (Rúa Real nº151 e Carretera de  Castilla  nº138) a segunda quincena de agosto. Nas mesmas tendas está dispoñible tamén o uniforme completo e  o mandilón.

            O novo chándal pode convivir durante dous cursos académicos co anterior, para que poidades aproveitar o que estabades a usar ata agora.

Recordámosvos que a uniformidade do Centro é a seguinte:

 

UNIFORMIDADE

ESCOLA INFANTIL

  • Mandilón de cadros vermellos e brancos con goma no pescozo.

 

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • Camisa ou polo branco.
  • Xersei ou chaqueta azul mariño.
  • Pantalón de pinzas (curto ou longo) ou saia (con ou sen tirantes) azul mariño.
  • Chándal do Colexio (curto ou longo) con camiseta branca (con logo).
  • Mandilón de cadros vermellos e brancos, aberto por diante (E. I.).
  • Mandilón branco, aberto por diante (E. P.).
  • Zapatos azuis mariño ou negros.
  • Medias ou calcetíns azuis mariño.
  • Prenda de abrigo azul mariño.
  • Zapatillas de deporte brancas.

 

 

TÓDALAS PEZAS DE ROUPA DEBERÁN VIR MARCADAS CO NOME DO ALUMNO/A E SERÁN DE TEA DE UNIFORME (nin vaqueiros, nin pana…).

En Educación Infantil, os pantalóns sen cinto nin tirantes, con gomas na cintura.

A uniformidade do centro está recollida no Plan de Convivencia e é de obrigado cumprimento polo alumnado.