AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO

 

 

 

 

AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO,

MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

O venres 10 de xullo publicaremos, no taboleiro de anuncios do Colexio, as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluidas.

Poderedes consultalas no Centro ou, preferiblemente, chamando ao teléfono 981.311.813, en horario de mañá.

Os interesados terán dous (2) días hábiles para presentar reclamacións ás listaxes.

O luns 20 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.

Lembrade que, tanto os libros do fondo solidario como os vales para a compra de libros de texto e material escolar, entregaranse en setembro.