RECOLLIDA DE VALES PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2020/2021
– Os vales para adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e Material Escolar (Educación Primaria) recolleranse, na secretaría do Centro, nas datas e horas sinalados:
– Martes 1 de setembro
10:00 a 10:45 – 1º Educación Primaria
11:00 a 11:45 – 2º Educación Primaria
12:00 a 12:45 – 3º Educación Primaria
– Mércores 2 de setembro
10:00 a 10:45 – 4º Educación Primaria
11:00 a 11:45 – 5º Educación Primaria
12:00 a 12:45 – 6º Educación Primaria
– Instrucións para acudir ao Centro:
– Respectar as normas de entrada que se vos indiquen.
– Acudir con mascarilla e manter o distanciamento co resto das persoas.
– Esperarase a quenda de entrada ao Centro na beirarrúa, xa que as entradas serán individuais. Recoméndase que acuda un só membro da unidade familiar.
En caso de non asistir na data e hora fixada, poñédevos en contacto telefónico coa secretaría (981.311.813) a partir do día 3, para marcar outra data e hora.