PROTOCOLO, COMEDOR, MADRUGADORES

 

 

 

Desde o Colexio Ludy sabemos que todas as familias estades pendentes do comezo do curso. Tanto o Equipo Directivo como o resto do profesorado levamos semanas traballando para adaptar, na medida dos nosos recursos, o centro. Facémolo a partir das indicacións marcadas polo protocolo con data 22 de xullo de 2020 da Xunta De Galicia e estamos agardando as novas indicacións da Consellería de Educación.

Entendendo as necesidades das familias, e para facilitar a conciliación o centro ofrecerá o servizo de COMEDOR cun horario máis reducido que de costume. Ademais estamos valorando a posibilidade de levar a cabo un servizo de MADRUGADORES sempre e cando podamos garantir as indicacións de seguridade e protección que recolle o protocolo.

As familias que podan estar interesadas neste último servizo (MADRUGADORES), terán que poñerse en contacto telefónico (981311813) coa secretaría do centro antes do venres 4 de setembro.