CIRCULAR INFORMATIVA INICIO DE CURSO

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA INICIO DE CURSO

–  O Centro recomenda  o uso de máscara en E. Infantil  aínda que a normativa non a esixa, para xerar un hábito saudable. A partir de 1º de Primaria  será  obrigatoria. Deberán traer  unha funda ou estoxo  para unha máscara de reposto  diariamente na mochila. Na funda virá unha máscara de recambio.

– A hixiene de mans realizarase con xel hidroalcohólico  varias veces  ao día, cos dispensadores dispostos en cada aula.

–  O alumnado de E. Infantil traerá e levará diariamente o mandilón posto que usan na aula para que poida ser lavado e desinfectado na casa. O mandilón de Primaria é obrigatorio ata 4º de Primaria incluído.

– A merenda  de E. Infantil  realizarase co seguinte calendario:

 LUNS: Pan, pauiños.

 MARTES: lácteos

 MÉRCORES: froita fresca (preparada para comer)

 XOVES: galletas.

 VENRES: bocadillo.

 – O alumnado de Primaria pode traer a merenda que queira sempre que sexa saudable, non se permitirá bollería industrial. Este curso non haberá protocolo de alerxia en ningunha aula, polo que  todo o alumnado deberá traer a merenda da casa.

– Non poderán traer xoguetes da casa.

– Todo o alumnado terá que traer diariamente unha mochila  ou bolsa de merenda   pequena: unha botella de auga co seu nome que levará todos os días para a casa,  un paquete pequeno de panos de papel, a merenda e una máscara de reposto nun estoxo, bolsa hermética ou similar, etc. En E. Infantil traerán una caixa de tissues ao principio de curso, para quedar na aula. É imprescindible que todo o que veña de casa veña marcado co nome. O mandilón de comedor irá todos os días para a casa, tanto dos alumnos de Infantil como de Primaria.

– As titorías e comunicacións serán exclusivamente por vía telemática ou telefónica.

– A atención da oficina será vía telemática ou telefónica . O día de atención presencial  ao público será os luns de 17 a 20 hs.

– A entrada ao servizo de madrugadores será pola porta principal ás 8:00 hs e a saída do comedor será tamén pola porta principal ás 14:45 hs. O primeiro día do servizo de comedor será o luns 14 de setembro, os alumnos que desexen facer uso do servizo deberán chamar á secretaría do centro antes das 13:00 HS DO XOVES 10 DE SETEMBRO.

 

– Horarios e lugares de entradas e saídas das distintas aulas:

CLASE

PORTA OU LUGAR

ENTRADA

SAÍDA

Ed. Infantil (3 anos)

Aula 3 anos . Rúa Ourense

9:15

13:40

Ed. Infantil (4 anos)

Porta principal

9:15

13:40

Ed. Infantil (5 anos)

Porta principal

9:10

13:45

1º Ed. Primaria

Aula 1º. Rúa Ourense

9:10

13:55

2º Ed. Primaria

Porta principal

9:05

13:55

3º Ed. Primaria

Porta principal

9:00

14:00

4º Ed. Primaria

Aula de 4º. Rúa Ourense

8:55

13:55

5º Ed. Primaria

Aula de 5º .Rúa Ourense

8:50

13:50

6º Ed. Primaria

Porta principal

8:50

13:50

 

O alumnado deberá entrar á hora fixada, nin antes nin despois. O Centro non estará aberto antes da hora de entrada nin despois, para evitar aglomeracións. O alumnado entrará só ao Centro, non está permitida a entrada ás familias. Os alumnos/as serán  atendidos polos mestres de garda.  Nas saídas, serán o mestres  quen vaian  nomeando aos alumnos/as dun en un, para ser recollidos.  Non se atenderán aos pais ou nais  que soliciten ao seu fillo ou filla desde  o coche.  Pregámosvos que atendades ás indicacións e normas do Centro neste senso, pola importancia do momento para poder  levar a cabo as medidas recollidas  no protocolo nas entradas e saídas.

 Moitas grazas pola vosa colaboración . Feliz inicio de curso!

A Dirección.

CIRCULAR INICIO CURSO