SERVIZO DE MADRUGADORES 2020/21
O servizo de madrugadores comeza o luns día 14 de setembro. Despois de falar coas familias interesadas sabemos que este curso non podemos compracer a todas as familias, e sentímolo.
Desde o Colexio facemos un esforzo para axudar na conciliación familiar e flexibilizaremos as entradas a este servizo. Así é que as entradas serán ás 8:00 hs, 8:15 hs e 8:30 hs.
Tanto na entrada das 8:00 hs como na das 8:15 poderase escoller o servizo con ou sen almorzo. A entrada das 8:30 hs será sempre sen almorzo.
Será para alumnado que empregue o servizo regularmente.
A entrada será pola porta principal.
Este ano non será posible o aseo dental.
Pregámosvos que sexades puntuais.
Podedes apuntarvos neste servizo no teléfono da Secretaría do Colexio en horario de mañá ata o xoves día 10 de setembro ás 13 horas.