CIRCULAR INFORMATIVA

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA

            É obrigatorio que o alumnado traia unha  mochila ou bolsa pequena coa merenda, máscara de reposto, auga, etc. Toda a roupa ten que vir marcada co seu nome.

            É obrigatorio para os usuarios de comedor, traer outro mandilón distinto o das clases. É imprescindible que actualicedes os informes médicos relativos a alerxias ou intolerancias alimentarias dos vosos fillos e fillas.

            Os días que o alumnado de E. Infantil deberá traer chándal son os martes e xoves.

            O alumnado que se incorpore tarde á actividade lectiva, deberá entrar pola porta principal e firmar unha xustificación da falta de puntualidade  nese mesmo momento. Cando un alumno teña que ser recollido durante o horario lectivo para ir ao médico, ou se incorpore máis tarde, deberá entrar e saír pola porta principal ( incluídos os alumnos de 3 anos).

            Unha vez que comece a actividade lectiva, non se recollerán merendas, libros esquecidos, etc… que acheguen ao centro os pais, nais, familiares, etc  durante o resto da xornada.

            Lembrámosvos que as titorías son telemáticas ou telefónicas, tanto as dos mestres como as do equipo directivo. Poderedes pedir cita a través do correo cpr.ludy@edu.xunta.es

            Durante o mes de outubro cobraranse a través da conta bancaria 20 euros en concepto de material para os alumnos de E. Primaria e 35 euros para E. Infantil ( a segunda metade do material destes alumnos cobrarase en febreiro de 2021). Lembrade domiciliar os recibos para evitar os gastos de devolución (4,50 euros por recibo).

            Lembrámosvos que o horario presencial da oficina é os luns de 17:00 a 20:00 hs.

            Queremos agradecervos todo o esforzo e a comprensión que estades a aportar as familias para poder levar a cabo o Protocolo COVID e as normas de funcionamento do centro durante este curso escolar.

 

Moitas grazas, A Dirección.

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA