MUDAS

                                    

 MUDAS 

            Por motivos de saúde e en relación á COVID, desde o Centro non podemos prestar a roupa do Cole, cando un neno/a precisa mudarse, como faciamos en anos anteriores (de maneira voluntaria e como acción empática cara as familias).

            A opción de que cada neno/a traia unha muda tampouco é posible xa que nas aulas non hai espazo para gardalas e, neste curso, esíxennos desde o protocolo ter as aulas o máis espaciosas posible.

            Cando na aula precisemos mudar un neno/a, serán as propias mestras as que o muden, xa que as familias non poden entrar no Centro en horario lectivo. Só teredes que traer a muda cando se vos chame. Por suposto, intentaremos que o neno/a estea o máis cómodo posible nesa espera.

            Desde a nosa experiencia sabemos que cos nenos/as de 4 e 5 anos estas situacións de necesitar cambialos danse en casos moi esporádicos ao longo do curso.

            Se hai algún caso puntual cunha situación de nenos/as que no controlen esfínteres, poñédevos en contacto coa coordinadora de Educación Infantil, Laura Ferreño.

            Moitas gracias pola vosa colaboración e comprensión ante as medidas adoptadas polo centro debido ao Coronavirus.

 

A Dirección

 

Mudas GAL