CELEBRACIÓN DO SAMAÍN
O vindeiro venres día 30 de outubro , en horario de mañá, celebraremos a festa do Samaín . O alumnado virá disfrazado como queira da casa, pero por mor das medidas do Protocolo COVID non poderá traer complementos tipo tridentes, colmillos, cornos, etc…
O alumnado de 3º a 6º fará durante a vindeira semana unha cabaza de xeito individual para o concurso de cabazas do colexio. O luns día 26 de outubro ditos alumnos deberán traer a cabaza baleira así como tamén as pinturas, adornos, teas…. e todo o que precisen para decorala, xa que como xa sabedes, os alumnos e alumnas non poden compartir o material.
Se o Concello de Ferrol o permite, todas as cabazas, incluídas as feitas nas aulas de 3, 4, 5 anos e 1º e 2º de Primaria, estarán expostas na rúa o venres 30 de 12 a 14 hs aproximadamente. Á hora da saída, cando o alumnado marche para a casa, deberá recoller, na rúa, a súa cabaza.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
A Dirección