VENDIMA 2020

Non é un curso normal e as festas e excursións van quedando a un lado en beneficio da saúde de todxs. Mais hai cousas que si se poden seguir facendo, hai vontade por parte da comunidade educativa deste centro e por iso seguiremos, na medida do posible, levando a cada aula as actividades que saen deste equipo.

Foi tempo de vendima, en cada aula, ao seu xeito, falouse do tema, traballouse con plasticidade e imaxinación sobre o tema que ocupa a primeira festa do curso. Velaí as fotos:

https://www.facebook.com/media/set?vanity=colexioludy&set=a.3484615204941135