Día de Rosalía

Como en ocasións anteriores, traballamos a figura da poeta desde os máis pequenos aos máis maiores do colexio. E facémolo nesta data inmediatamente anterior ao aniversario da poeta. Entre as actividades deste ano destacaron o expositor para libros, músicas e actividades sobre Rosalía, fichas e actividades de aula moi variadas así como recitados en cada unha das aulas e un recitado colectivo que compartimos con todos vós e no que se involucrou a mestres e alumnado do centro.

Estas son algunhas das fotos da xornada:

https://www.facebook.com/pg/colexioludy/photos/?tab=album&album_id=1746357702100236