MAGOSTO NO LUDY – VENRES 20 DE NOVEMBRO –
O vindeiro venres 20 de novembro festexaremos, dentro do permitido e seguindo os protocolos COVID, a festa do Magosto. Este ano será dun xeito diferente e en cada aula.
Que precisamos?
- Educación Intantil, 1º e 2º de Primaria: 7 ou 8 castañas cocidas. Van elaborar "colares de zonchos".
- 3º de Primaria: 3 ou 4 castañas cocidas e un limpapipas (explicación da titora).
- 4º, 5º e 6º de Primaria: Todo o que precisen para elaborar un proxecto individual de estrutura con castañas cocidas (castañas, pauíños, etc…).
Recomendación
- Cremos que sería moi boa idea que cada neno/a, a maiores das castañas para manualidades, traia unhas castañas para merendar na súa bolsiña. É opcional e persoal.
A Dirección