O MERLO LECTOR

Para todos eses contos que levades lidos durante este curso e os que leredes. Se queredes participar no noso Certame  "O Merlo Lector" e levar o premio ao alumno/a que máis libros leu durante o curso na súa clase só tedes que comezar a cumplimentar as fichiñas do noso MERLO. Este curso, polas circunstancias, vai ser un formulario online moi doado de completar, coas mesmas preguntas que a ficha e que podedes facer desde casa. 

A través deste enlace:

FORMULARIO/FICHA PARA O MERLO LECTOR

Pero tamén, desde xa, estará na páxina principal da nosa web, abaixo á esquerda, premede na imaxe e abrirase o formulario. Cantos máis LIBROS, cantos máis FORMULARIOS enviedes máis posibilidades teredes.

Non deixedes de ler!!!!!!