CIRCULAR NADAL 2020
Moi boas, chega o Nadal e remata o primeiro trimestre.
As clases rematarán o martes 22 de decembro e retomaranse o venres 8 de xaneiro.
O último día (o 22) o alumnado poderá vir, voluntariamente, adornados con motivos navideños (diademas, gorros, xerseis, etc…). Ademais, nas merendas, poderán traer doces do nadal..
Este ano, seguindo o protocolo COVID, non haberá a nosa tradicional festa de Nadal. En cada aula o alumnado festexerao ao seu xeito particular.
A listaxe de lecturas obrigadas e recomendadas xa está publicada na web e aula virtual. Lembrade que é unha boa opción pedirlle algún libro destes a Papá Noel, Apalpador ou Reises. Teredes que traer os libros á volta das vacacións para o segundo trimestre.
Asemade, as notas sairán o día 22 ás 16 horas pola plataforma ABALAR. Lembrade instalar a aplicación no caso de que aínda non o teñades feito.
A revista “O mensaxeiro Ludicol” sairá publicada o mesmo día 22 a través da web e do blog da tele e da radio.
Que teñades unhas boas, e sobre todo, moi saudables vacacións!
A Dirección