INFORMACIÓN NOVO CASO POSITIVO POR COVID-19

Informamos á Comunidade Educativa da confirmación dun novo caso positivo por Covid-19 na aula de 6º de Educación Infantil (5 anos). A confirmación deste caso chegou hoxe 29 de xaneiro ás 10:30 da mañá vía telefónica. Estamos seguindo as medidas marcadas polo protocolo e as instrucións da Consellería de Sanidade que, ante a imposibilidade de porse en contacto coa familia do neno afectado ata hoxe, non puideron comunicarlles o positivo nin informar ao centro antes, por non saber a que centro asistía o menor.

Lembrámosvos que os irmáns dos alumnos que están pendentes de realizar PCR, deberán permanecer nas súas casas ata que esta sexa negativa, caso no que poderán incorporarse ao colexio con normalidade.

Todo o alumnado que está confinado nas súas casas seguirá realizando as súas tarefas a través da Aula Virtual (http://colexioludy.gal/ga/aula_virtual/1). Nos próximos días poráselles traballo a través dela. Estade atentos, pois, ás notificacións que vos cheguen polo Classroom. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

A Dirección