INFORMACIÓN NOVO CASO COVID-19

Informamos á Comunidade Educativa da confirmación dun novo caso positivo por Covid-19 na aula de 4º de Educación Infantil (3 anos). Estamos seguindo as medidas marcadas polo protocolo e as instrucións da Consellería de Sanidade. Todo o alumnado e profesorado que asistiu a esa aula o pasado venres 29 de xaneiro deberá permanecer en corentena domiciliaria agardando polas indicacións do equipo de rastreadores COVID.

Lembrámosvos que os irmáns dos alumnos que están pendentes de realizar PCR, deberán permanecer nas súas casas ata que esta sexa negativa, caso no que poderán incorporarse ao colexio con normalidade.

Todo o alumnado que está confinado nas súas casas seguirá realizando as súas tarefas a través da Aula Virtual (http://colexioludy.gal/ga/aula_virtual/1). Nos próximos días poráselles traballo a través dela. Estade atentos, pois, ás notificacións que vos cheguen polo Classroom. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

A Dirección