O venres, 12 de febreiro, celebraremos o Entroido no Cole.
A diferencia de anos anteriores, neste non haberá MECO para poder cumprir as instrucións do protocolo COVID.
DISFRAZ – A festa será en cada unha das aulas. Cada alumno/a poderá vir disfrazado como queira, pero sen complementos soltos (espadas, culleres, variñas, …)
CONCURSO – En cada unha das clases o alumnado votará o disfraz do compañeiro/a que máis lle guste. De cada gañador/a das distintas clases publicarase unha foto na nosa páxina de Facebook para que as familias podan votar o mellor disfraz do cole durante o Entroido (farano premendo en “gústame”). O gañador/a coñecerase á volta do Entroido.
MERENDAS – Ese día o alumnado pode traer doces típicos do Entroido.
Lembrade que as clases non se retomarán ata o xoves 18 de febreiro.
A Dirección