INFORMACIÓN, DOUS NOVOS CASOS POR COVID-19

Informamos á Comunidade Educativa da confirmación  de dous novos casos positivos por Covid-19 nas aulas de 3º e 6º de Primaria. Estamos seguindo o protocolo e as instrucións da Consellería de Sanidade.

O último día que acudiron os/as alumnos/as ao Colexio foi o martes 9 de febreiro polo que as autoridades sanitarias, segundo o protocolo vixente, non consideran que exista ningún contacto estreito dentro da aula.

Recordade tamén que, segundo o protocolo do Centro, os convivintes con persoas pendentes dunha PCR non deben vir ao Colexio.

Grazas pola vosa colaboración.

A Dirección