SOLICITUDES DE PRAZA – CURSO 2021/2022
O prazo de solicitudes de admisión do alumnado de novo ingreso no Colexio Ludy é do 1 ao 22 de marzo. Só se pode presentar solicitude NUN centro.
Xunto co impreso da solicitude cumprimentado (Anexo II) e asinado por ambos proxenitores, presentaranse os seguintes documentos:
-Fotocopia do DNI ou do Libro de Familia do alumno/a.
-Certificado de empadroamento da Unidade Familiar.
-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (de ser o caso).
Anexamos o impreso de solicitude. Asemade, a tramitación pode facerse a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Todo o proceso (solicitudes de praza, publicación das listas provisionais e definitivas e matriculación) e as datas, pódense consultar no taboleiro de anuncios do Colexio.
Para visitar o Centro, pedide cita na Secretaría:
-no teléfono 981.311.813
-no correo cpr.ludy@edu.xunta.gal
-Atención personalizada.
-Amplos horarios: adaptámonos ás vosas necesidades.
– Horario de atención presencial a solicitudes:
LUNS: De 17 a 18 h.
MARTES: De 16:30 a 18 h.
VENRES: De 13 a 14 h.
A Dirección
Impreso de solicitude ED550B-G
Triptico – Solicitudes praza – Colexio
Titorial para as familias na sede electrónica.