AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022

 

 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Curso 2021/2022

           

AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

  • Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2021/2022 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

 

AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

  • Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2021/2022 cursen Educación Primaria.

 

FONDO SOLIDARIO (banco de libros):

  • Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2021/2022 cursen 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

As familias poderán solicitar estas axudas ata o 22 de xuño, cubrindo os anexos I e II (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os alumnos matriculados en Educación Primaria neste Centro) e entregando a seguinte documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. No caso de non telo, certificado de convivencia ou Informe de Servizos Sociais.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
  • No caso de discapacidade do alumno, do solicitante ou dalgún membro da Unidade Familiar: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A data de referencia é 31/12/2019.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.
  • Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

Atendendo ás indicacións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  a solicitude farase, preferiblemente, pola opción 1 (vía telemática).

  1. Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  2. Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase no Colexio. MARTES (17:30 – 18:30) e MÉRCORES (16:30 – 18:30)
  3. Na oficina do Colexio. MARTES (17:30 – 18:30) e MÉRCORES (16:30 – 18:30)

 

Tedes máis información no DOG nº 93 do 20/05/2021, na Orde do 6 de maio de 2021  

Circular primaria