Boas tardes.
O último día lectivo deste curso é o martes 22 de xuño. Dito día os alumnos poderán vir vestidos sen uniforme, con roupa de calle e as cualificacións publicaránse ás 16:00 hs na aplicación Abalar. O acto de despedida de sexto será o venres 25 de xuño en horario de mañá ( só poderán asistir dúas persoas por alumno). Informarémosvos da hora nos próximos días.
A listaxe de libros e material para o vindeiro curso, publicaráse a partir do 23 de xuño na páxina web e en classroom.
Nos vindeiros días seguiremos informando do procedemento para as axudas para a adquisición de libros e material para os alumnos de Educación Primaria. O último día para a presentación de solicitudes será o martes 22 de xuño de 16:30 a 19:30 hs. Estade atentos ás publicacións na web e en classroom acerca de este tema durante o mes de xullo.
Na última semana de xuño publicaremos unha nova edición da Revista Compa e do Mensaxeiro Ludicol.
As familias interesadas nas becas comedor e nas axudas á adquisición de material escolar, deben estar pendentes da información que vaia dando o Concello sobre este tema, xa que non se tramitan no colexio.
Dende a comunidade educativa do centro queremos darvos as grazas pola vosa comprensión e colaboración para poder levar a cabo todas as medidas do Protocolo Covid. Sabemos que o esforzo foi moito en algunhas ocasións e por iso queremos felicitarvos e darvos as grazas. O curso seguinte voltaremos a ampliar o horario de comedor e a ofrecer actividades extraescolares polas tardes.
Pero non queremos olvidarnos dos nosos alumnos, os máis importantes, os verdadeiros campións deste curso. Cunha enorme paciencia e disciplina foron quen de cumplir todas as normas deste curso e non deixaron de asombrarnos e enorgullecernos cada día, por iso merecen un bo descanso e disfrutar moito do verán. PARABÉNS, SODES XENIAIS !!!
Moitas grazas e felices vacacións familias, vémonos en setembro.
A Dirección.