AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS 2021/2022

 

 

 

 

Desde mañá, martes 6 de xullo, pódense consultar as listaxes provisionais do fondo de libros. Estará publicada no tablón de anuncios do colexio e poderá consultarse dos seguintes modos:

– Presencialmente, no centro entre as 10 e as 13 h desde mañá até o 8 de xullo. 

– Por teléfono, 981311813 no mesmo horario arriba indicado.

– Directamente na plataforma fondo libros inserindo o DNI na pestana "CIDADÁN".

O 8 de xullo publicarase a listaxes definitiva.

 

Tamén se pode consultar os importes dos vales para compra de material e libros.

Para vir buscar os VALES, pódese facer os días 8, 9, e 12 de xullo de 10 a 11 horas.

 

Atentamente, A dirección.