RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN. CONCELLO DE FERROL

Publicada a resolución provisional, a algunha das familias non se lle deu por válido o certificado de matrícula co curso 2020/2021. Por iso deben enmendar a documentación cun novo certificado do curso que vén e que facilitaremos nos seguintes días e horas no noso centro. O prazo é de 10 días hábiles desde o 6 de agosto que é cando publicaron a resolución provisional.

Dito isto, poderedes recoller, os que o precisedes, o certificado de matrícula do curso 2021/2022:

  • LUNS 9 de Agosto
  • MÉRCORES 11 de Agosto
  • LUNS 16 de Agosto
  • MÉRCORES 18 de Agosto

En horario de 10:30 a 12:30

Aquí tedes a ligazón á resolución provisional de axudas á escolarización.

https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/533

 

A dirección.