SAMAÍN 2021

 

 

 

 

SAMAÍN 2021 NO COLEXIO LUDY

A vindeira semana
(25  – 29 de outubro) realizaranse as
actividades conmemorativas do festexo do Samaín:

Como noutras ocasións no centro sumámonos ao festexo do “Samaín” e, por iso, indicámosvos
todo o que levaremos a cabo dentro das posibilidades e do cumprimento do
protocolo COVID.

–      Infantil,1º e 2º elaborarán unha cabaza por aula que, cando estean
rematadas, pasarán a formar parte da exposición de cabazas do colexio. Non é
necesario traer nada, encárganse os mestres/titores.

–      3º- 6º. Cada alumno elaborará a
súa propia cabaza (debe traerse da casa) no seu pupitre co material que
considere (tamén debe traerse da casa). As cabazas pasarán á sala de
exposicións no momento en que queden rematadas e a partir do xoves o
profesorado poderá votar pola que considera máis fermosa e/ou orixinal en cada
un destes cursos. O Equipo de Dinamización de Lingua Galega premiará as mellores
no transcurso do curso. As cabazas irán o venres 29 para casa.

–      O venres 29 cada neno poderá vir disfrazado como queira da súa
casa con todo tipo de prenda (chapeu, perruca, etc..) mais non con obxectos
manipulativos tipo armas, varas, farois, etc… A raíz dunha serie de
televisión que xa forma parte das conversas e xogos do alumnado (“El juego del
calamar”) e que consideramos non é axeitada para nenos desta idade, esta
temática queda excluída dos disfraces dese día.

–      Desde o centro recoméndase que as merendas do venres 29 poden ser “terroríficas” na
medida do posible.

–      Dentro de cada aula, corredor e espazo haberá a decoración pertinente así como na
biblioteca onde, por quendas, as diferentes aulas realizarán actividades de
lectura comprensiva relacionada coa festa. Tamén haberá un photocall para o
recordo das nosas criaturas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.