CIRCULAR DE NADAL

 

 

 

ACTIVIDADES NADAL 2021

 

  • Canto de panxoliñas nas prazas. Os grupos de infantil avisarán duns días concretos e horas para que o grupo interprete, nunha praza da cidade, unha panxoliña. Lembrade que se acudides ao evento debedes respectar os espazos previstos e a distribución na praza de tal xeito que a titora e mestra de apoio podan cumprir co protocolo COVID.

 

  • Semana solidaria. A semana do 13 ao 17 de decembro será unha semana con actividades benéficas, tan necesarias nos nosos tempos e que ademais traballan da mellor maneira os contidos transversais da educación.

– As familias que desexen colaborar coa Cociña Económica da cidade poderán traer esta semana botellíns de auga de 33 cl, cartóns de leite enteira, semidesnatada ou desnatada, doces típicos de Nadal brandos (exclusivamente).  Estes alimentos poderán ser levados polos propios alumnos cando entran  ao centro ata o venres 17.

– CESTA DE NADAL. De luns a xoves (16-17 h) poderán mercarse rifas para o sorteo dunha cesta de Nadal, pero neste caso os beneficios irán destinados ás familias afectadas da illa da Palma. O sorteo realizarase o venres 17.

 

  • O Mensaxeiro Ludicol. Como cada ano ao finalizar o trimestre poderedes gozar dos artigos e traballos das diferentes aulas e membros da comunidade educativa que participaron na elaboración desta primeira revista do curso.

 

  • Visita do Apalpador, Papá Noel e Reis Magos. 3 días das últimas semanas do trimestre temos confirmada a visita de sendas personalidades.

 

  • Panxoliña colectiva. Estade atentos porque o último día de clase, ademais da revista e das notas teremos sorpresa de Nadal. Un vídeo no que participamos todos.

 

  • 21 de decembro. O alumnado poderá vir ao colexio disfrazado con complementos ou traxes relacionados co Nadal. Ademais recoméndase como merenda doces típicos destas datas.

 

  • NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN. Os boletíns serán públicos a través do aplicativo ABALAR o MARTES 21 DE DECEMBRO a partir das 14 horas.

 

  • Lembrade traer os libros de lectura obrigados para E. Primaria ao inicio do segundo trimestre, que comezará o luns 10 de xaneiro.

 

  • Unha vez máis queremos agradecervos a comprensión e o esforzo  que estades a realizar as familias para que entre todos levemos a cabo as medidas  recollidas no Protocolo COVID.  Tamén queremos felicitar aos nosos alumnos que unha vez máis demostraron a  súa paciencia e esforzo diarios. Sodes uns auténticos campións!

Bo Nadal!

 

A Dirección.

 

ACTIVIDADES NADAL 2021 familias