RESERVA DE PRAZA IES CONCEPCIÓN ARENAL – CURSO 2022/2023

               

 

    RESERVA DE PRAZA – CURSO 2022/2023

            Segundo a normativa vixente, o alumnado que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso no IES CONCEPCIÓN ARENAL, deberá presentar o Anexo I debidamente cumprimentado, ao Mestre-Titor, ata o venres 28 de xaneiro. Lembrade a sinatura de ambos proxenitores ou unha declaración xurada da falta dunha delas.

            Esta solicitude pódese presentar a través da plataforma online https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, cubrindo e enviando o formulario ED550A ou na Sede Electrónica. O prazo, a través da plataforma, remata o 8 de febreiro.

Mañá mércores o centro facilitará o anexo impreso a cada alumno de 6º coa súa circular pertinente.

 

Anexamos de todos xeitos o impreso ED550A por se queredes irlle botando unha ollada.

ED550A-G