Vendima 2018

Desde a EDLG do centro, un ano máis, seguimos insistindo na necesidade da recuperación e conservación das tradicións e festas do noso entorno, así como da relación das mesmas cos ciclos do ano. É así como o noso alumnado vendimou o pasado venres 28 de setembro. Os máis pequenos (ata 2º de primaria) foron os encargados de recoller e pisar a uva, todo o colexio cantou unha canción de "Treixadura" (Canto de Vendima) e @s máis maiores traballaron na clase sobre poemas, refráns, lendas e cantigas relacionadas con esta festa.

Estas son algunhas das imaxes da xornada.

Album da Vendima na páxina de Facebook do Colexio.