EXPOSICIÓNS E WEB

Invitámosvos a acudir, a partir do luns 15 de xaneiro, á exposición fotográfica “E eu… de quen veño sendo?”, realizada polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Poderase visitar todos os días de 9:00 a 09:20; martes e xoves de 16:00 a 17:30 horas.

Asemade, a partir do xoves 11, poderedes visitar a exposición “Reflexos da vida” sobre o transplante de médula ósea, que permanecerá no Centro ata o 18 de xaneiro. Poderase visitar todos os días de 9:00 a 09:20; martes e xoves de 16:00 a 17:30 horas.

A asociación ASOTRAME organiza no noso Centro unha charla para pais/nais/titores o martes 16 de xaneiro de 16:30 a 17:30 (sempre que exista aforo, polo que, si estades interesados en acudir, deberes apuntarvos na Secretaría do Centro) antes do luns 15.

O alumnado tamén terá unha charla sobre o mesmo tema durante estes días.

Despois de tantas obras, por fin temos operativa a páxina web do Centro: www.colexioludy.gal

A Dirección