Día de Rosalía de Castro

Un ano máis, desde o EDLG e coa participación de toda a comunidade educativa, celebramos a comenmoración do día de Rosalía. En educación infantil crearon un pequeno recuncho na biblioteca, con mural, letura de poemas e decoración de facianas da poeta. Cada alumnx levou cadanseu colante coa cara da escritora. En primaria tamén se traballou en cada aula a figura do Rexurdimento literario, repasando a súa vida e obra, creando marcapáxinas e múltiples traballos plásticos. 

Todo o colexio participou, como o ano pasado, na creación dun recitado colectivo a través dun vídeo que produciu a nosa tele "Teleludy". Neste caso recitaron o poema "Xigantescos olmos" e nel participou alumnado, profesorado, persoal administrativo e da limpeza.

Aquí tedes o enlace ás fotos desta xornada:

https://www.facebook.com/pg/colexioludy/photos/?tab=album&album_id=2222417104494291

E velaquí o vídeo do recitado colectivo: