AXUDAS PRIMARIA. CURSO 2019-20

 LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Curso 2019/2020

      AXUDAS PARA ADQUISIÓN LIBROS DE TEXTO:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2019/2020 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

 

      AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2019/2020 cursen Educación Primaria.

 

FONDO SOLIDARIO:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2019/2020 cursen 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

As familias poderán solicitar estas axudas do 21 de maio ao 21 de xuño, entregando na secretaría do Centro os anexos que achegamos xunto coa seguinte documentación (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os alumnos matriculados en Educación Primaria neste Centro):

      -Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. Caso de non ter Libro de Familia ou que este non reflicta a situación a día 31/12/2017: sentencia de separación ou divorcio, certificado de convivencia da UF ou certificado de defunción.

      -No caso de discapacidade do alumno/a, do solicitante ou dalgún membro da UF: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A documentación deberá acreditar calquera destas circunstancias antes do 31/12/2017.

      -Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.

      -Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.

 

      As solicitudes presentaránse na oficina do Centro, os luns, mércores e venres de 08:45 a 12:00 e os luns de 16:00 a 17:30. Data límite – 21 de xuño. Non esquezades todas as sinaturas.

 

     Os vales para a compra de libros de texto (1º e 2º de E. P.) e para a adquisión de material escolar, entregaranse na secretaría do Colexio, do 15 ao 19 de xullo. Os vales que non se recollan nesas datas, non poderán recollerse ata a primeira semana de setembro.

 

      Alumnado de 4º a 6º do curso 2019/2020: non se entregarán vales nin se tramitarán axudas ao fondo de libros, sin ter entregado no Centro os libros de texto adquiridos coas axudas de 2018/2019 (último día: VENRES 14 de XUÑO).

 

      FONDO SOLIDARIO – O 8 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Colexio, a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo.

      Tras dous días para reclamacións, a listaxe definitiva publicarase o 15 de xullo.

      Os Mestres-titores entregarán, ao inicio do curso 2019/2020, os libros de texto asignados.

 

      Tedes máis información no DOG nº 94 do 20/05/2019, na páxina web do Centro e www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf