CIRCULAR INFORMATIVA 3º TRIMESTRE

CIRCULAR INFORMATIVA 3º TRIMESTRE

Estamos á espera de que as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación acorden, definitivamente, que medidas se tomarán para este terceiro trimestre.

Aínda así, o curso mantense ata xuño. Durante o terceiro trimestre levaranse a cabo actividades de repaso e reforzo, e a promoción de curso será a norma xeral, salvo casos excepcionais.

En canto se chegue a un acordo informarémosvos, así como de calquera novidade que se produza ao respecto.

Desde o centro, sabemos que todas as familias estades a facer un gran traballo  para seguir as actividades do blog, a pesar das circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir, por iso queremos agradecervos o voso interese  e esforzo. Así como tamén ao profesorado, que está a vivir unha readaptación constante para atender aos seus alumnos e alumnas da mellor maneira posible.

 

Esperando que todas e todos esteades ben, deixámosvos o enlace coas instrucións da Consellería.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850