MAIOS 2020

MAIOS 2020 (para o 3 de maio)

Está a punto de rematar o mes de abril e chegará MAIO

Desde hai uns anos, no noso cole, a festa dos maios cobra unha importante relevancia por todo o que significa a chegada da primavera, a tradición floral e literaria, así como a cercanía coas nosas letras e o ambiente festivo que se comeza a palpar nas rúas. De feito a idea orixinal de xuntar a todos os coles saiu do noso centro.

Este ano, as condicións non permiten que a festa sexa funcional, nin na rúa, nin todos xuntos como viña sendo co resto de Coles da Comarca.

Maio do 2019

O centro recibiu da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística unha idea que saíu dun colexio veciño, o "CEIP Manuel Masdías" e que consideramos interesante para todxs xs que queirades levala a cabo.


A actividade (VOLUNTARIA) consiste en que elaboredes un maio mediante as técnicas e os materiais dos que dispoñades, para o primeiro domingo de maio, día 3, colocalos nunha ventá ou balcón das vosas vivendas, mantendo así unha tradición milenaria e que tamén permite pasar tempo en familia realizando actividades manuais.

Como xa sabedes, a festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou escultura, chamada "maio", a partir de elementos vexetais, flores e froitas. Tradicionalmente, tamén se levaban polas rúas e se lle dedicaban bailes e cantigas. Para adaptalo á situación actual, podedes realizalo mediante debuxos, teas que teñades pola casa, materiais de refugallo, pintando nas ventas… Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!

Unha vez finalizado o voso maio, mandádenos unha foto e compartirémolas xuntas a través das nosas canles de internet.

Animádevos a compartir este reto cos vosos amigos. A finalidade é chegar ao maior número de fogares.

 

Nos seguintes enlaces atoparedes titoriais que vos poden inspirar na elaboración dos vosos maios:

 

Flores en papel: 

 

Decorar as fiestras:       

 

Flores en tea:                

 

Dúbidas e recepción das fotos xillopezsanchez@gmail.com