RESERVA DE PRAZA

REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA (CURSO 2020/2021) PARA OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO.


DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020


Seguindo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. xa se pode continuar coa presentación das solicitudes. No caso daquelas xa presentadas non hai que volver facelo agora.


A atención para a  presentación será con CITA PREVIA no teléfono 981311813 ou no correo cpr.ludy@edu.xunta.gal. Só se atenderá a unha soa persoa por unidade familiar no horario acordado e cumplindo as medidas de protección dispostas no propio centro, para preservar a seguridade de todas as partes.

O horario de atención será:

MAÑÁNS:

De LUNS A VENRES: De 9:00 a 13:00 horas.

TARDES:

LUNS e MÉRCORES: De 16:00 a 17:30 horas.


NOVOS PRAZOS QUE APARECEN NA RESOLUCIÓN.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

A dirección