LIBROS DE TEXTO, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO 2020/21


LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Curso 2020/2021

     

AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2020/2021 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

 

AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2020/2021 cursen Educación Primaria.

 

FONDO SOLIDARIO:

-Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2020/2021 cursen 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

As familias poderán solicitar estas axudas do 20 de maio ao 19 de xuño, cubrindo os anexos I e II e entregando a seguinte documentación (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os alumnos matriculados en Educación Primaria neste Centro):

      -Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. Caso de non ter Libro de Familia ou que este non reflicta a situación a día 31/12/2018: sentencia de separación ou divorcio, certificado de convivencia da UF ou certificado de defunción.

      -No caso de discapacidade do alumno/a, do solicitante ou dalgún membro da UF: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A documentación deberá acreditar calquera destas circunstancias antes do 31/12/2018.

      -Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.

      -Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.

      As solicitudes presentaranse:

      -na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

      -na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase no Colexio *.

      -na oficina do Colexio *.

*Para a presentación na oficina do Centro, deberedes PEDIR CITA PREVIA, no teléfono 981311813 ou no email coop.ludy@hotmail.com

Data límite –19 de xuño. Non esquezades todas as sinaturas.

 

     Tanto os vales para a compra de libros de texto (1º e 2º de E. P.) e para a adquisición de material escolar como os libros de texto do fondo solidario para o vindeiro curso, entregaranse no Colexio, a primeiros de setembro de 2020 (avisarase das datas).

 

      Alumnado de 4º a 6º do curso 2020/2021: non se tramitarán axudas ao fondo de libros sen ter entregado no Centro os libros de texto adquiridos coas axudas de 2019/2020. A Dirección do Centro establecerá nas vindeiras datas como e cando se realizarán estas devolucións por parte das familias. Informarásevos máis adiante.

      FONDO SOLIDARIO – O 10 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Colexio, a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo.

      Tras dous días para reclamacións, a listaxe definitiva publicarase o 20 de xullo.

      Tedes máis información no DOG nº 96 do 19/05/2020, na páxina web do Centro e http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros