
Ao abeiro da Lei 5/2012, do 15 de xuño de bibliotecas de Galicia e da Resolución de funcionamento das bibliotecas para o presente curso, no noso colexio hai un equipo que traballa no grupo de biblioteca.
Coordinadora:
- Gabriela Fernández López
Asesores/dinamizadores:
- Laura Ferreño Montero
- Xil López Sánchez
- María Celia Castro Campello
- Alejandro Landeira Teijo
https://bibliotecaludy.blogspot.com
- por Biblioteca do LudyCun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas.Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José Torregrosa abríu a portada desta publicación. Abríu a porta á creatividade do Ludy.Mestre, faro, amigo, compa. Para sempre.https://colexioludy.gal/blog/2026/06/23/compa-no-50/
- por Biblioteca do LudyOs nosos fíos da vida e obra de Begoña Caamaño. Unímonos con fíos de la a través do descubrimiento da súa vida. Na parada número 10 desta viaxe escoitamos coa nosa tablet a través do QR unha peza do libro "Rosalía pequeniña".Feliz Día das Letras Galegas!
- por Biblioteca do LudyUnha semana para compartir anacos de lectura na nosa biblio e recibir con ilusión as visitas das familias e dos irmáns e irmás do cole que nos contan un conto. A maxia dos libros e de compartilos coas personas que queremos. 📖
- por Biblioteca do LudyDurante estos meses de marzo e abril levamos a cabo un club de lectura para 5° e 6° de Educación. Primaria e limos "La muy catastrófica visita al zoo". Participamos alumnado e mestres e pasámolo xenial con esta lectura tan divertida que nos enganchou a todos e todas pero, sobre todo, das dúas xuntanzas nos que gozamos dunha comida xuntos e actividades como a predición do desenlace do libro buscando o culpable da inundación, imaxinamos os personaxes e lle pedimos á IA que nos creara o noso favorito coas nosas indicación e a axuda dos mestres, deseñamos unha nova portada […]
- por Biblioteca do LudyEsta semana pasada, aproveitando a celebración da Semana da Prensa, na biblio traballamos pautas para diferenciar unha nova falsa dunha real e xogamos a clasificar algúns exemplos para poñer en prática o aprendido. Tamén creamos novos titulares inventados con recortes doutros titulares da prensa.
- por Biblioteca do LudyExposición de fondos e xogo de mesa sobre mulleres do mundo que destacaron en diferentes campos e oficios. Pasámolo xenial aprendendo! De corazón morado a corazón morado e lanzo de novo o dado!
- por Biblioteca do LudyPara conmemorar o Día de Rosalía fixemos unha selección de exemplares e creamos chapas coa súa imaxe na nosa biblio.
- por Biblioteca do Ludy
- por Biblioteca do LudyXa temos a revista Ludicol número 23 lista para gozar dos traballiños do primeiro trimestre! Link á revista
- por Biblioteca do LudyA semana de Samaín na nosa biblio estivo chea de historias terroríficas na escuridade, lecturas á luz das lanternas e relatos coas sombras de diferentes personaxes.
