Entrega de VALES para material e libros. Comezo das clases.
As familias que non recolleron os seus vales para mercar libros e material poderano facer os días 1 e 2 de setembro, en horario de 10 a 12 h. na secretaría do centro.
Comezo do curso escolar 2022/2023. Seguindo a Orde de Calendario do 20 de maio de 2022 as clases comezarán o xoves 8 de setembro en horario de 9 a 14 horas.