Período de adaptación. 4º Ed. Infantil (3 anos)
Informamos de cambios respecto ao período de adaptación, cinguíndonos á Orde de calendario da Consellería de Educación.
Na reunión de xuño falabamos dunha adaptación progresiva e por grupos para que fose máis individualizada. Desde o centro séguenos parecendo a mellor maneira de adaptarse. Esta circular é para informar de que a partir do día 8 de setembro os vosos pequenos e pequenas, se así o decidides, poden facer uso de todo o horario completo do colexio (9:00 – 13:50).
Non obstante, o día da reunión: martes 6 de setembro ás 16:30 (entrada pola porta da aula, rúa Ourense), abordaremos este tema con máis detalle, resolvendo as vosas dúbidas.
PROPOSTA DO CENTRO PARA A ADAPTACIÓN:
- 8 e 9 de setembro: 10:00 – 11:00
- 12, 13 e 14 de setembro: 10:00 – 12:00
- 15 e 16 de setembro: 9:00 – 12:00
- A partir do 19 de setembro: 9:00 – 13:50
Un cordial saúdo. A titora.