INFORMACIÓN INICIO DE CURSO
COMEZO DAS CLASES O XOVES 8 DE SETEMBRO NO SEGUINTE HORARIO:
- Ed. Infantil: 9:00 – 13:50
- Ed. Primaria: 9:00 – 14:00
Todo o alumnado entrará pola porta principal agás o de 4º Ed. Infantil (3 anos) que entrará pola súa aula. A saída será dependendo do curso:
- 3 anos pola súa porta (rúa Ourense).
- 4 e 5 anos pola porta principal.
- 1º e 2º de Primaria pola porta de 1º (rúa Ourense).
- 3º e 6º de Primaria pola porta principal.
- 4º e 5º de Primaria pola súa porta (rúa Ourense).
O centro abrirá a porta principal desde as 8:50 e pechará ás 14:05. Dispoñemos dun servizo de saídas tardías (de pago) ata as 14:30.
O alumnado de E. Infantil e Primaria traerá o mandilón da casa o luns e levarao o venres. O mandilón de Primaria é obrigatorio ata 4º inclusive. O mandilón de comedor así como os útiles para a hixiene bucal (cepillo e pasta) irán diariamente para casa.
A MERENDA
E. Infantil realizarase co seguinte calendario:
LUNS: Pan, pauíños | MARTES: Lácteos | MÉRCORES: Froita fresca (preparada para comer) | XOVES: Galletas. | VENRES: Bocadillo. |
(agás 4 anos que ten protocolo de alerxia).
O alumnado de Primaria pode traer a merenda que queira sempre que sexa saudable, non se permitirá bolería industrial. Non poderán traer xoguetes da casa. Todo o alumnado terá que traer diariamente unha mochila ou bolsa de merenda pequena: unha botella de auga co nome posto cada día, un paquete pequeno de panos de papel e a merenda.
En E. Infantil traerán una caixa de tissues ao principio de curso, para quedar na aula. É imprescindible que todo o que veña da casa veña marcado co nome.
As TITORÍAS e comunicacións serán como norma xeral os martes, previa cita co mestre titor, de 16 a 17 horas ou outro día acordado por ambas partes.
O xoves 8 (primeiro día) podedes acompañar aos nenos ata o patio para axudar a traer o material e os libros. Haberá un breve presentación de inicio do curso no Salón de Actos para as todas as familias e para o alumnado de Primaria. Virán vestidos co uniforme e traerán os libros nunha bolsa ou mochila, só será obrigatorio forrar (no seu momento) os libros do banco de libros. O material, os libros e a roupa deberá virá marcada co nome do alumno.
SERVIZOS:
Todos os servizos, agás madrugadores, comezan o primeiro día de clase (xoves 8 de setembro). Madrugadores comezará o venres 9 de setembro.
- O servizo de MADRUGADORES terá a entrada pola aula de 3 anos (Rúa Ourense) a partir das 7:30, ben como servizo de almorzos ou como gardería. A hora límite de entrada para os almorzos será ás 8:30 e para o servizo de gardería 8:45.
- O servizo de COMEDOR terá dous quendas de saída, 15:00 ou 16:00 horas, pola porta principal.
- O servizo de SAÍDAS TARDÍAS será de 14:05 a 14:30 (non fraccionable).
Para apuntarse a estes servizos o 8 e 9 de setembro debedes chamar por teléfono mañá (mércores 7) entre as 9:30 e as 13:00. Para utilizar os servizos no futuro entregaremos un formulario para anotarse.
Este ano volveremos ofertar unha ampla variedade de actividades EXTRAESCOLARES (cociña, baile, francés, robótica e algunhas outras de carácter innovador e entretido), a partir das 16:00 horas, de luns a xoves. (Informaremos nos vindeiros días).
Estamos á espera do que decida o Padroado de Deportes do Concello de Ferrol en canto á actividade de natación (de 4 anos a 6º). Sería unha actividade complementaria en horario lectivo.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.
Luns e xoves de 10:00 a 11:00
Martes de 16:00 a 17:30
Benvidos ao curso 2022-23! A Dirección