|

A VENDIMA 2022. VENRES 30 DE SETEMBRO.

Desde o Colexio en colaboración co EDLG recuperamos esta actividade que víñamos facendo tempo atrás e na que os máis pequenos de Ed. Infantil serán os encargados de vendimar os acios das cepas dispostas no patio.

O alumnado de 1º e 2º será o encargado do pisado da uva e por iso compre que este venres veñan cun bañador posto por debaixo do chándal, independentemente de que ese día tocase uniforme ou non.

O resto do colexio participará na xuntanza para cantar unha cantiga e degustar un pouco de mosto.

A Dirección.