Para o alumnado de 3º e 4º anotado á PISCINA

NATACIÓN CURSO 2022/23

O vindeiro venres día 7 comezará a actividade de natación para os alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Os alumnos irán acompañados de dous mestres do centro e non se permite a entrada a pais ou familiares aos vestiarios. Deberán levar posto o bañador e unha mochila con roupa interior, chanclas, toalla e gorro. Aconsellan que as nenas leven traxe de baño completo e non de dúas pezas. Para evitar perdas, os alumnos non levarán reloxos, aneis, colares, etc.

As altas e baixas durante o curso deberán ser informadas ás mestras titoras mediante unha nota escrita antes do día 20 do mes anterior ao que se inicie a baixa ou alta.

Deberedes aboar 12 euros mensuais correspondentes ao transporte ás mestras titoras antes do día 5 de cada mes. O custo do transporte poderase incrementar no caso de que se produzan moitas baixas.

A actividade rematará no mes de maio.