AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR – Educación Primaria

No Diario Oficial de Galicia do venres 14 de outubro, publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os que xa fóstedes beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ para o presente curso escolar, recibirides un vale adicional de 25 euros, sen que sexa preciso que presentedes documentación algunha.

A aplicación informática Fondolibros non nos permite xerar os vales ata a vindeira semana. En canto os teñamos, xa volo notificamos por ABALAR, para que vos pasades a recollelos.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.