Magosto

O vindeiro venres día 11 en horario de mañá, celebraremos o Magosto na AA VV de San Mateo. Degustaremos castañas asadas, leite e galletas, realizando tamén todo tipo de xogos tradicionais.
O alumnado deberá levar o chándal do colexio e aboar 5 euros aos mestres titores a partir de mañá e ata o xoves.