CIRCULAR DE NADAL

         NADAL 2022

É TEMPO DE NADAL! E no Ludy vivirémolo a través das seguintes actividades:

  • Nadal solidario. Pedimos a colaboración das familias para a doazón de alimentos á Cociña Económica da cidade. Nesta ocasión dinnos que agradecerían calquera dos seguintes (café soluble, azucre, vinagre, pan raiado, fariña, viño para cociñar, tomate triturado,  botellíns pequenos de auga e leite). Poderedes participar doando o que consideredes traéndoo ao colexio a partir do día 12 de decembro e ata o 20 ás 9 horas.

Entorno a esta actividade o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudirá ás instalacións da Cociña o 19 de decembro para ver o seu funcionamento e o traballo de voluntariado.

  • Visita do Apalpador e Papá Noel. As personalidades máxicas visitarán o centro na última semana deste trimestre.
  • Último día, 22 de decembro / Festival e notas.

O alumnado poderá vir ao colexio con complementos ou prendas relacionadas co Nadal. Ademais recoméndase como merenda dese día doces destas datas.

O Festival será, como se acostumaba a facer neste centro, para todo o alumnado. Aínda así as familias poderán seguilo ao vivo na dirección online e hora que vos facilitaremos. E, por suposto, tamén en diferido co vídeo gravado.

As notas publicaranse por ABALAR o mesmo día 22 ás 14 horas. Cada alumno tamén levará copia impresa do boletín.

  • O comezo do 2º trimestre será o luns 9 de xaneiro. Lembrade traer os libros de lectura obrigados para E. Primaria indicados para o 2º trimestre.

Bo Nadal!

A Dirección

ACTIVIDADES-NADAL-2022