CIRCULAR COMEZO DE CURSO 2023

COMEZO DAS CLASES O LUNS 11 DE SETEMBRO NO SEGUINTE HORARIO:

  • Ed. Infantil: 9:00 – 13:50
  • Ed. Primaria: 9:00 – 14:00

Todo o alumnado entrará pola porta principal agás o de 4º Ed. Infantil (3 anos) que entrará pola súa aula. A saída será dependendo do curso:

  • 3 anos pola súa porta (rúa Ourense).
  • 4 e 5 anos pola porta principal.
  • 1º de Primaria pola porta de 1º (rúa Ourense).
  •  2º, 3º e 6º de Primaria pola porta principal.
  • 4º e 5º de Primaria pola súa porta (rúa Ourense).

O centro abrirá a porta principal desde as 8:50 e pechará ás 14:05. Dispoñemos dun servizo de saídas tardías (de pago) ata as 14:30.

O alumnado de E. Infantil e Primaria traerá o mandilón da casa o luns e levarao o venres. O mandilón de Primaria é obrigatorio ata 4º inclusive. O mandilón de comedor así como os útiles para a hixiene bucal (cepillo e pasta) irán diariamente para casa.

A MERENDA

E. Infantil realizarase co seguinte calendario:

LUNS: Pan, pauíñosMARTES: Lácteos  MÉRCORES: Froita fresca (preparada para comer)XOVES: Galletas.  VENRES: Bocadillo.  

 (agás 3 e 5 anos que ten protocolo de alerxia).

O alumnado de Primaria pode traer a merenda que queira sempre que sexa saudable, non se permitirá bolería industrial. Non poderán traer xoguetes da casa. Todo o alumnado terá que traer diariamente unha mochila ou bolsa de merenda pequena: unha botella de auga co nome posto cada día, un paquete pequeno de panos de papel e a merenda. Os alumnos de 4º e 6º de Infantil non traerán merenda de media mañá por ter nas súas aulas un protocolo de alerxias, serán as mestras titoras as encargadas de mercalas ao longo de todo o curso.

En E. Infantil traerán una caixa de tissues ao principio de curso, para quedar na aula. É imprescindible que todo o que veña da casa veña marcado co nome.

As TITORÍAS e comunicacións serán como norma xeral os martes, previa cita co mestre titor, de 16 a 17 horas ou outro día acordado por ambas partes.  As reunións de inicio de curso dos titores coas familias terán lugar na semana do 18 de setembro en horario de tarde, previo aviso mediante unha circular, agás a de 4º de Infantil que terá lugar o 7 de setembro ás 17:00 hs.

O luns 11 (primeiro día) podedes acompañar aos nenos ata o patio para axudar a traer o material e os libros. Haberá unha breve presentación de inicio do curso no Salón de Actos para todas as familias e  para o alumnado de Primaria. Virán vestidos co uniforme e traerán os libros nunha bolsa ou mochila, só será obrigatorio forrar (no seu momento) os libros do banco de libros. O material, os libros e a roupa deberá vir marcada co nome do alumno. Este primeiro día o alumnado de 5º e 6º de Primaria non poderá ir só para a casa, levarán unha circular para que os autoricedes  a partir do día 12 de setembro.

SERVIZOS:

Todos os servizos, madrugadores e comedor, comezan o primeiro día de clase (luns 11 de setembro).

  • O servizo de MADRUGADORES terá a entrada pola aula de 3 anos (Rúa Ourense) a partir das 7:30, ben como servizo de almorzos ou como gardería. A hora límite de entrada para os almorzos será ás 8:30 e para o servizo de gardería 8:45.
  • O  hora de saída do servizo de COMEDOR será entre as 15:00 e as 16:00 hs, á hora que vos conveña, pola porta principal.
  • O servizo de SAÍDAS TARDÍAS será de 14:05 a 14:30 (non fraccionable).

Para apuntarse a estes servizos  para o día 11 de setembro debedes chamar por teléfono mañá ou pasado (xoves 7 ou venres 8) entre as 9:30 e as 13:00. Para utilizar os servizos no futuro entregaremos un formulario para anotarse o primeiro día de clase.

 Este ano volveremos ofertar unha ampla variedade de actividades EXTRAESCOLARES (cociña, baile, francés, robótica (LEGO) , baloncesto, creatividade, teatro, ciencia,costura,..e algunhas outras de carácter innovador e entretido),  a partir das 16:00 horas, de luns a xoves. (Informaremos nos vindeiros días).

A actividade de natación para 3º e 4º de Primaria subvencionada polo Concello de Ferrol, será os luns en horario de mañá e comezará en outubro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.

Luns e xoves de 10:00 a 11:00 Martes de 16:00 a 17:30  

Benvidos ao curso 2023-24!                                                                           A Dirección