SAMAÍN 2023 E DÍA DA BIBLIOTECA
Chegou a semana do Samaín! Como cada curso, no noso colexio, festexaremos as tradicións populares unha vez máis.
CONCURSO DE CABAZAS
Participan os cursos de 3º a 6º de Primaria.
- 3º e 4º de Primaria en parellas seguindo as indicacións das titoras.
- 5º e 6º de xeito individual seguindo tamén as indicacións dos titores.
Para a elaboración das mesmas deberán traer as cabazas como indiquen @s titores o vindeiro mércores 25.
DESFILE
As cabazas estarán expostas no colexio e sairán co tradicional desfile de todo o colexio que terá lugar o venres 27 entorno ás 12:15 se o tempo o permite. Será desde o colexio até a Asociación de Veciños do Ensanche, onde permanecerán expostas toda a fin de semana.
DISFRACES
Para o desfile, todo o alumnado deberá vir o venres 27 vestido de cor negra cos tenis do colexio. O disfraz farase na clase.
DÍA DA BIBLIOTECA
Semana que coincide ademais co día da Biblioteca o martes 24. Polo que haberá actividades na mesma para todo o alumnado.
O luns 23 poderedes traer, de maneira voluntaria, un conto con temática de medo/Samaín, que se exporá na biblioteca e así poderemos gozar de todos eles nos tempos de lecer ao longo da semana.
Un saúdo.
A Dirección