|

Nadal No Ludy

É TEMPO DE NADAL!

  • Nadal solidario. Pedimos a colaboración das familias para a doazón de alimentos á Cociña Económica da cidade. Nesta ocasión dinnos que agradecerían calquera dos seguintes: (vinagre, pan raiado, fariña e viño para cociñar). Poderedes participar doando o que consideredes traéndoo ao colexio a partir do día 11 de decembro e ata o 20 ás 9 horas.
  • Exposición “Pablo Picasso” do alumnado de Educación Infantil. Aberta para as familias o mércores 13 e o xoves 14 de decembro, de 16 a 18 horas.
  • Visita do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. As personalidades máxicas visitarán o centro na última semana deste trimestre.
  • Contacontos de Nadal na biblioteca por un grupo de escritoras ferrolás. 20 de decembro.
  • Último día, 21 de decembro / Festival para o alumnado / revista O mensaxeiro Ludicol e  notas.

O último día recoméndase que o alumnado veña ao colexio con complementos ou prendas relacionadas co Nadal. Ademais tamén se aconsella como merenda dese día doces destas datas.

Como noutros cursos publicarase a revista trimestral “O mensaxeiro Ludicol” con traballos de todos os cursos.

As notas publicaranse por ABALAR o mesmo día 21 ás 14 horas. Cada alumno tamén levará copia impresa do boletín.

  • O comezo do 2º trimestre será o luns 8 de xaneiro. Lembrade traer os libros de lectura obrigados para E. Primaria indicados para o 2º trimestre. Esta listaxe xa está publicada na web.
  1. A partir do 2º trimestre o colexio Ludy participa no concurso Pilabot, no que temos que reciclar o maior número de pilas usadas. Como durante o Nadal se gastan moitas, agradecemos as gardedes para logo depositalas no colexio. Haberá un contedor para tal fin.

Bo Nadal!

A Dirección