ENTROIDO 2024
Como en anos anteriores, o noso MECO indicará desde hoxe venres os mandatos a seguir desde o luns 5 ao xoves 8. Os mestres titores encargaranse de explicalo ao alumnado e tamén estará no propio boneco e nas redes sociais do colexio diariamente. Como adianto vai tamén van tamén ao final desta circular.
O venres 9, se o tempo o permite, desfilaremos todos os cursos cos disfraces feitos nas aulas. Todo o alumnado deberá vir de negro e cos tenis do colexio como base para o disfrace. O desfile está previsto para as 12 horas e será ata a praza circular do Inferniño. Recoméndase que os grupos que non teñen protocolo de alerxias traian merendas típicas desta festa.
Pola tarde Festa de Entroido e mercadiño solidario para recadar fondos para a excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º de primaria. Os mestres estaremos nos nosos postos polo que non poderemos encargarnos de atender ao alumnado. Na festa haberá:
- Concurso de disfraces. (3 premios individuais, 1 á mellor parella, 1ao mellor grupo e 1 á mellor familia)
- Cafetería.
- Venta de todo tipo de doces e obxectos.
- Música, baile, actividades…
Esta festa será o venres 9 entre as 17:00 e as 20:00 horas.
Desexamos volver pasalo ben toda a comunidade educativa xunta.
Animádevos e convidade ás vosas amizades!
Son o meco do cole Ludy, o Entroido con vós quero gozar. Este ano ao mar imos honrar.
LUNS 5 | MARTES 6 | MÉRCORES 7 | XOVES 8 | VENRES 9 |
Para poder buscar todo o que lixa o mar, Unhas gafas de mergullar has levar! Vale calquera tipo de gafas de auga, piscina, ou mesmo feitas de cartón. | Coas gafas de mergullar vimos o que lixa o mar, cortizas, botellas de plástico, recipientes vellos, bolsas e plásticos… Hoxe traeredes un colar, un sombreiro, unha pulseira,… feito con algún material de refugallo (plástico, bolsas, cortizas, …) | Honraremos ao noso mar, de cor azul imos chegar, un complemento traeremos, ben adornados viremos, de azul turquesa, azul mariño, todos a brillar! Chega con traer un complemento de cor azul. | Co traxe de baño has de vir, E no cole a aventura máis mariñeira has de contar! Non pararemos de rir! Cun bañador ou parte del por enriba do chándal. | O noso mar é o noso tesouro! cos seus barcos e pescadores, del vivimos, nel gozamos… Responsabilidade de todos é respectalo e coidalo. O venres desfilaremos de entroidada, explicando alto e claro que os mares e os océanos son imprescindibles para a vida! O mar do Ludy percorrerá as rúas festexando o Entroido! Xa no cole continuaremos a festa coas lambadas típicas e a bailar! |
A Dirección