CIRCULAR FIN DE CURSO 2023-2024

Quedan xa moi poucos  días para rematar o curso, por iso queremos informarvos dalgunhas cuestións importantes:

  • O último día lectivo é o venres 21.  Este curso, seguindo as novas indicacións da orde do calendario escolar da Xunta de Galicia, as notas non sairán publicadas ata o martes 25 de xuño, a través do aplicativo ABALAR.
  • Excursións:
    • Educación Infantil. Martes 18 de xuño (mañá e tarde)
    • Educación Primaria (1º – 4º). Mércores 19 de xuño (mañá e tarde)
    • Educación Primaria (5º- 6º). Acampada desde o 12 ao 14 de xuño.
  • A festa de fin de curso con actuacións de E. Infantil , 2º, 4º e 6º de Primaria será o xoves 20 para todo o alumnado pola mañá e ás 17:00 hs para as familias dos alumnos que actúen. Por cuestións de aforo non asistirán o resto dos cursos. Permitirase un máximo de 3 persoas por alumno. Pola mañá deberán vir vestidos coa roupa que indique cada titor ao igual que pola tarde. Os alumnos que actúen deberán estar no centro ás 16:30 hs e ás 17:00 abriranse as portas ás familias. Durante a festa os alumnos estarán co seu mestre titor ata que remate a mesma.
  • O venres 21 todo o alumnado traerá o chándal do colexio obrigatoriamente, xa que celebraremos as Ludyolimpiadas, un evento deportivo no que realizan distintas actividades físicas. Farémolas na nosa rúa Río Lambre e participará todo o alumnado a partir das 9:30 hs aproximadamente. Por suposto, estamos desexando que asistades a compartilas con nós e así poder ver aos vosos fillos. Do mesmo xeito todas as familias que o desexedes estades convidadas a participar nas carreiras. Avisarase por megafonía ao final.
  • A partir do día 24 de xuño sairá publicada a edición nº 48 da Revista Compa.
  • O acto de despedida de 6º de Primaria será o venres 28 de xuño ás 11:30 hs. Será para dito alumnado e acompañantes.
  • Lembrade que o último día para a presentación de solicitudes de axudas para a adquisición de libros e material de cara ao curso que vén é o venres 21 de 10 a 13 hs (pregamos respectedes o horario para poder atender ben ao alumnado no seu último día lectivo).  Aínda que en 5º e 6º traballaremos con EDIXGAL pódense solicitar as axudas para mercar material coma sempre. Estade atentos ás publicacións que faremos sobre as listaxes das axudas. Lembrámosvos que o horario é os martes e mércores de 17:30 a 19:00 hs. Os alumnos beneficiarios do banco de libros deberán ter devoltos os mesmos antes do 20 de xuño segundo as indicacións dos mestres titores.
  • A listaxe de libros e material de Infantil e Primaria  para o vindeiro curso sairá publicada a partir do 25 de xuño.

Desexámosvos un bo e feliz descanso neste verán.

Grazas un curso máis pola vosa confianza no colexio Ludy. Felices vacacións!

A Dirección.